A asociación Ticket2Europe, en colaboración co Concello de Pontevedra celebrará o vindeiro día 19 de xuño as 19:00 horas un encontro con diferentes entidades galegas co  fin de conmemorar o Día Mundial do Refuxiado.
No Día Mundial do Refuxiado, que se dá cita cada 20 de xuño, queremos conmemorar a forza, valor e perseverancia destas persoas e mostrar o noso apoio ás familias que se viron obrigadas a fuxir desta lamentable realidade. Por todo iso, queremos achegar á  poboación de Pontevedra como, dende unha perspectiva local, entidades e persoas do noso entorno, colaboran e melloran a realidade das persoas refuxiadas, campartindo as suas experiencias, coñecemento e incentivando a que más xente colabore neste tipo de acción sociais.
As entidades colaboradoras deste evento serán as seguintes:
  • Ticket2Europe (Pontevedra): Entidade organizadora
  • Changemakers Lab (Lesbos): Entidade colaboradora
  • Refucoru (A Coruña): Entidade colaboradora
  • Escola de Xadrez (Pontevedra): Entidade colaboradora
  • Espacio Arroelo (Pontevedra): Entidade colaboradora
Recorda, vémonos na Casa da Luz (Praza da Verdura), o 19 de xuño as 19:00 horas!
Categorías: Blog