Ticket2Europe

Proxecto EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural

INSCRIPCIONES:

Desde el 24/04/2019 hasta el 08/05/2019

DURACIÓN:

de maio a novembro de 2019.

REQUISITOS:

  • Mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
  • Inscricións: mediante o envío do formulario electrónico accesible na web. A admisión será por orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas.

PÁGINA WEB:

www.xuventude.net

CONTACTO:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio de Traballo, 3º andar, San Lázaro. 15707 Santiago de Compostela

Telf. 981 54 48 54 / 981 54 46 45

roteiros.ctb@xunta.gal

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha a edición 2019 do proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural”, co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais.

Actividades:

  • 1. Safari de emprego no territorios:
    • Duración: 3 meses (maio-xullo 2019). 12 sesións. Sesións de 1 día a semana (3/4 h)
    • Contido: análise de casos prácticos de éxito, traballarase iniciativas emprendedoras, participarán emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia. Esta actividade constará de 2 partes: Sesións teóricas de traballo nos centros de impartición da actividade, Espazos Xove de Lalín e Carballo, e sesións prácticas grupais e individuais con saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.
  • 2. Formación para a inserción – grupo
    • Duración: 2 meses (maio-xuño 2019)
    • Contido: formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc. Inclúe formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial, formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial, busca activa de emprego…
  • 3. Formación na empresa – individual:
    • Duración das estadías: Mínimo 60 h. de prácticas e máximo 360 h. A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.
    • Contido: estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial. Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen e poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a outubro de 2019.
  • 4. Titorización e seguimento individual
    • Duración: a partir do mes de maio de 2019 e durante toda a execución do proxecto.
    • Contido: ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a  articulación de medidas adaptadas a cada caso.
  • 5. Captura de proxectos
    • Duración: 1 mes – último mes do proxecto (novembro 2019).
    • Contido: fase de conclusións.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *