A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado… que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2019.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de Verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

 

CAMPAMENTOS

 

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo,  agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola…) Só tes que animarte a participar!

Descarga toda a información dos campamentos.

DATA DO SORTEO:

A data do sorteo publicarase neste apartado

 

CAMPOS DE VOLUNTARIADO

 

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

OFERTA 2019:

2º Convocatoria (consulta os prazos)

Si non consegues praza en 1ª convocatoria, estate pendente da 2ª convocatoria: aqui publicaremos a oferta de repesca antes do 23 de maio para os campos de voluntariado no estranxeiro e 29 de maio para os campos de traballo en Galicia e nas CCAA.>

 

ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS

Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.